Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Consellería de Facenda e Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU13001 - IV Curso superior de formación do técnico na Administración local

A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan o presente curso coa intención de favorecer a formación específica dos técnicos da Administración local, nas materias propias deste ámbito de traballo.
O curso comezou, coa súa primeira edición, no ano 2007. Orixinalmente, o curso estaba dirixido exclusivamente aos enxeñeiros de camiños e aos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Sen embargo, os organizadores do curso, conscientes de que o traballo municipal é interdisciplinar, consideraron conveniente abrir o curso a todo tipo de técnicos, especialmente aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, posto que a incorporación de persoal responsable das funcións públicas necesarias e reservadas achegará, sen dúbida, unha nova perspectiva ao xeito de tratar as materias do curso e logrará a interrelación entre todos os axentes do traballo municipal.
De acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, a Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias, o IV Curso superior de formación do técnico da Administración local.
Con carácter excepcional, os alumnos que cursaran as edicións I e II do Curso de Formación do Enxeñeiro de Camiños na Administración local, organizados polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e a Federación Galega de Municipios e Provincias, poderán optar á obtención do título do IV Curso superior de formación do técnico na Administración local, tendo en conta a similitude dos seus contidos e de conformidade co disposto na convocatoria.
1. Obxectivos.
O obxectivo deste curso é dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo do técnico no ámbito da Administración local.
Búscase afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada, todas as materias que afectan ao día a día da Administración local.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo EIP EGAP
Area: Outros
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|ES|OU|XU
Horas: 120
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Superior
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: PORTELA SILVA, MARIA LUCIA - lucia.portela.silvaarrobaxunta.es
1 Edicións
ACORUÑA
Localidade
A Coruña
Inicio
11/01/2013
Fin
11/05/2013
Data exame
N/D
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia