Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU13003 - Curso para a obtención do diploma de directiva ou directivo no ámbito da Administración local de Galicia

Como administracións modernas que están chamadas a ser, as entidades locais necesitan que o seu persoal acredite a formación necesaria para garantir unha mellora continua na súa ordenación e na prestación dos servizos da súa competencia. Neste sentido, a mellora aludida traducirase no incremento da eficacia e eficiencia da súa xestión, obxectivo que só se pode materializar dotando os seus mandos directivos das competencias e habilidades necesarias para que a chamada cultura de calidade administrativa impregne a organización no seu conxunto.

Por estes motivos e ao abeiro do disposto no artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP), modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, este organismo autónomo convoca un curso para a obtención do título que habilita o exercicio de funcións directivas por parte do dito persoal. Neste aspecto, a presente convocatoria acredita o cumprimento da normativa reguladora para os efectos que aquí interesan ‒Decreto 172/2011, do 4 de agosto, de modificación do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, polo que se regula o diploma de directivos‒ en canto introduce a obriga de ter en conta as peculiaridades da Administración local no concernente ao contido e desenvolvemento do devandito curso.

Finalmente, esta convocatoria obedece á satisfacción dun triplo obxectivo que a EGAP se propuxo alcanzar: en primeiro termo, perservar na tarefa de formar para servir, que ao tempo constitúe o máis emblemático dos principios reitores da actuación do ente; en segundo lugar, ofrecer unha formación á altura dos desafíos que suscita a xestión pública nun escenario de crise económica global e de escaseza de recursos; e terceiro e último, facilitar a conciliación da vida persoal e laboral coa formación das súas persoas destinatarias directas, finalidade que xustifica o emprego alternativo de accións formativas presenciais coa teleformación ou a docencia en liña.

Este curso está deseñado para, mediante un sistema de ensino-aprendizaxe adaptado ao perfil do conxunto dos participantes, completar os coñecementos e perfeccionar as competencias e habilidades do colectivo de empregados públicos que ocupan ou desexen ocupar postos directivos na Administración local de Galicia.

O curso pretende dotar as persoas destinatarias directas dos instrumentos e ferramentas de análise e de xestión necesarios para despregar ao máximo as súas potencialidades de liderado, implantar a cultura da calidade pública e a mellora continua e optimizar a satisfacción do cliente-usuario de servizos públicos.

Do mesmo modo, ensinará ao persoal directivo público a pensar estratexicamente, a avaliar posibles alternativas, a tomar decisións e a planificar programas de implementación desas decisións, familiarizarao cos instrumentos e as ferramentas útiles para o control e mellora da xestión, a avaliación de programas e as políticas públicas. Tamén, os instruirá para sacar o máximo proveito ás súas habilidades de comunicación, de xestión dos equipos, de negociación e de xestión da crise.

Finalmente, pretende fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre o colectivo de empregados públicos das entidades locais cunha traxectoria curricular e profesional de liderado, institucionalizar as redes de colaboración entre o persoal directivo público que desempeñe funcións e deteña responsabilidades nas distintas administracións locais; e potenciar a cultura do público e o compromiso ético do colectivo de xestores públicos de alto nivel.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Históricos EGAP
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 300
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: Superior
Data inicio matricula: 08/01/2013 - 00:00h
Data Fin matricula: 17/01/2013 - 00:00h
Responsable: N/D
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
25/02/2013
Fin
01/07/2013
Data exame
N/D
Prazas
20
Programa
Inauguración do curso para a obtención do diploma de directivo
Luns, 25 de Febreiro de 2013.
Inauguración do curso para a obtención do diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia:
  • Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • Sonia Rodríguez-Campos González, directora da EGAP
  • Norberto Uzal Tresandí, director xeral de Administración local
  • Cristina Ares Castro-Conde, profesora da USC e directora do curso
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212