Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC14004 - Aproximación aos proxectos de dixitalización para bibliotecas públicas

O presente curso pretende ser unha toma de contacto dos profesionais das bibliotecas públicas de Galicia coas posibilidades que ofrece a dixitalización para o seu catálogo de servizos.
Ao longo do curso intentaremos achegarnos de forma sinxela ás recomendacións de boas prácticas que debe de seguir todo proxecto de dixitalización e ás normativas e estándares internacionais que é preceptivo aplicar para lograr a maior visibilidade posible a través dos grandes programas de dixitalización nacionais e internacionais.
Tamén nos aproximaremos ao proxecto de Galiciana como vía integradora e de difusión dos distintos proxectos de dixitalización en Galicia e centrarémonos, fundamentalmente, en como dende unha biblioteca pública se podería contribuír ao enriquecemento da colección da Biblioteca Dixital de Galicia.
Por último trataremos de mostrar as posibilidades que Galiciana e os grandes agregadores a nivel nacional e europeo (Hispana e Europeana) poden ofrecer para satisfacer as necesidades de información dos usuarios das bibliotecas públicas e veremos algúns exemplos dos proxectos de dixitalización máis destacados que se fan actualmente coa participación de bibliotecas públicas.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Area: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 16
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 25/01/2014 - 08:00h
Data Fin matricula: 03/02/2014 - 14:00h
Responsable: Meiriño Sánchez, Consuelo - consuelo.meirino.sanchezarrobaxunta.es
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
24/03/2014
Fin
25/03/2014
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212