-O obxectivo deste curso é ofrecer unha visión ampla e xeral da revisión dos actos administrativos, tanto dende a perspectiva da revisión dos mesmos pola propia administración de oficio, como a instancias dos administrados mediante os diferentes recursos administrativos; tamén se prestará atención as consecuencias desta revisión e a correspondente revogación dos actos.
Máis aló dunha mera visión xenérica da materia durante o curso analizarase as particularidades desta en determinados eidos da actividade administrativa, que pola súa trascendencia resultan relevantes, coma a contratación administrativa ou a materia de subvencións.
No curso se tratarán aspectos teóricos relacionados co tema, así coma a análise da diversa regulación normativa desta e o exame de pronunciamentos xurisprudenciais na materia. Contemplaranse, asemade, múltiples aspectos particulares e supostos concretos que se producen na práctica, aos efectos de dotar ao curso dunha efectiva utilidade no desenvolvemento das tarefas dos asistentes. Neste aspecto, máis aló dunha clase meramente teórica, formularanse diversas cuestións prácticas para o análise e debate entre os asistentes aos efectos de acadar un curso dotado de maior dinamismo e participación.
SANTIAGO |