Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
UN14008 - Administración e internet. Web. Sede. Interoperabilidade. Sistemas de notificación electrónicos

A aprobación do Decreto 198/2010, de 2 de decembro , polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, supón un cambio organizativo substancial, xa que ordena o proceso de desenvolvemento dos servizos electrónicos e desenvolve, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o dereito da cidadanía a relacionarse coa Administración pública galega por medios electrónicos
Dentro deste réxime, o capítulo II do Decreto 198/2010, que regula a sede e o rexistro electrónicos, crea a sede electrónica da Xunta de Galicia, instrumento que converte en realidade a posibilidade da cidadanía de relacionarse coa Administración xeral de Galicia coas garantías e dereitos esixidos pola Lei 11/2007, de 22 de xuño , de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
A sede electrónica da Xunta de Galicia configúrase como a dirección electrónica que asegura a calidade da información, a coherencia na navegación, a procura integrada e a accesibilidade. Igualmente, a sede electrónica debe asegurar a identificación e comunicación seguras, o acceso ao Rexistro Electrónico, ás comunicacións, ás notificacións e aos formularios de solicitude para iniciar os procedementos administrativos ou solicitar a prestación de servizos.
Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da sede electrónica e dos servizos prestados polas AAPP a través de internet, con especial fincapé na interoperabilidade e nos sitemas de notificación electrónicos. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas os conceptoa s tratar, para que os destinatarios adquiran e perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos complementando a súa formación na materia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos EGAP - Universidades
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: UNIVERSITARIA
Horas: 15
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 30/08/2014 - 08:00h
Data Fin matricula: 12/09/2014 - 14:00h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
10/11/2014
Fin
18/11/2014
Data exame
N/D
Prazas
20
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212