A finalidade deste curso é revisar as novas funcionalidades incorporadas na plataforma do Sistema de Información Galego de Atención á Dependencia (SIGAD) como consecuencia dos novos criterios aplicables para o cálculo da capacidade económica dos destinatarios de prestacións ou servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, así como para o cálculo das prestacións (libranzas) previstas no sistema e da participación económica do usuario no custo dos servizos; e a súa aplicación no ámbito da plataforma do Sistema de Información Galego de Atención á Dependencia.
Estes cambios están derivados das modificacións normativas introducidas nesta materia pola Orde do 19 de abril de 2013 e o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se regula a nova carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia.
SANTIAGO1 |