Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC15070 - Aspectos prácticos sobre a incidencia da Lei 14/2013, de racionalización do sector público autonómico

Profundizar nos resultados da lei 14/2013 de racionalización do sector público autonómico, que se promulgou co obxectivo de lorar unha optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión e o logro da máxima coordinación das distintas unidades administrativas son principios básicos que guían a actuación da Xunta de Galicia.
No ano 2009 iniciouse un proceso gradual de racionalización, simplificación e redución das estruturas administrativas, tanto no que atinxe á Administración xeral como ao conxunto de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
Cos referidos axustes, a Administración autonómica adaptou a súa arquitectura organizativa ao actual contexto de crise e restrición do gasto público, ao tempo que promoveu unha acción pública máis eficaz e articulada, que mantén o nivel de calidade na prestación dos servizos públicos. Como corolario deste proceso de reforma e modernización administrativa aprobouse a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que, ademais de clarificar, ordenar e sistematizar a estrutura do sector público autonómico, supón un primeiro paso na introdución de medidas de racionalización e simplificación do ordenamento xurídico galego e do sector público autonómico.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Area: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Asesoría Xurídica Xeral
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 15
Estado: Anulado
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 04/02/2015 - 08:00h
Data Fin matricula: 13/02/2015 - 14:00h
Responsable: GONZÁLEZ LÓPEZ, MANUEL - manuel.gonzalez.lopezarrobaxunta.es
1 Edicións
ACORUÑA1
Localidade
CORUÑA
Inicio
04/05/2015
Fin
11/05/2015
Data exame
N/D
Prazas
20
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212