Coñece-la incidencia e prevalencia da deterioración cognitiva, as demencias senís e a enfermidade de Alzheimer, así como os trastornos de conducta derivados. Adquirir habilidades de avaliación e tratamento non farmacolóxico da deterioración cognitiva da enfermidade de Alzheimer e as demencias senís. Aproximarse ó diagnóstico e etioloxía das demencias e da enfermidade de Alzheimer. Incrementa-lo manexo de programas de intervención nas residencias para persoas maiores con deterioro cognitivo ou demencias. Capacitarse para a achega de soporte familiar e traballo con familias. Fomenta-los coñecementos básicos referentes ós aspectos xurídicos relacionados co paciente demente.
362001 |