Os eventos deportivos constitúen a faciana máis visible e coñecida da actividade física e deportiva, tanto profesional como amateur. Pódese afirmar que, dalgunha maneira, supoñen o obxectivo final perseguido por todo deportista, afeccionado ou seareiro.
A súa proliferación na nosa contorna é un feito evidente a tódolos niveis e cada vez son máis as institucións, tanto públicas como privadas, implicadas dalgún xeito na súa organización. Na última década asistimos a proliferación destes acontecementos que se estenden pola nosa xeografía e dos que son partícipes cada vez unha maior porcentaxe de poboación. Sen embargo son moitos, e cada vez máis complexos, os aspectos que deben ser contemplados antes, durante e despois da organización dun evento deportivo.
É por iso que, mediante este curso, preténdese achegar aos seus destinatarios ás principais cuestións referentes a todo o proceso de planificación, preparación e desenvolvemento dun evento deportivo, facendo especial fincapé nos aspectos económicos e lexislativos dende un punto de vista eminentemente práctico.
SANTIAGO |