O obxectivo do curso consiste en proporcionar unha formación sobre a tramitación dos procedementos contencioso-administrativos, orientada a perfeccionar os coñecementos, contribuír á carreira profesional, e mellorar a calidade de traballo nas oficinas dos xulgados e tribunais, con inclusión de aspectos prácticos, en particular da utilización das aplicacións informáticas para a tramitación destes expedientes.
A área de itinerarios formativos en materias procesuais contencioso-administrativas estará integrada por dous cursos de 25 horas cada un, este primeiro curso de carácter básico, de 25 horas de duración, e que terá continuidade con outro curso posterior de carácter avanzado doutras 25 horas de duración.
T01 |