Nivel A2: Adquírese cando o estudante é capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.); cando sabe comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e
cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais e cando sabe describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu ámbito así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.
SANTIAGO |