Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC16082 - Planificación hidrolóxica en Galicia. Aspectos xurídicos.

A planificación hidrolóxica desenvolvese a partires da Directiva 2000/60/CE, denominada Directiva marco da auga (DMA). Esta directiva trasponse a nivel estatal e autonómico (lei 9/2010, de augas de Galicia) establecendo un marco pioneiro na xestión e planificación dos recursos hídricos. Dita directiva ten como eixo fundamental de aplicación os plans hidrolóxicos, nos que se deben harmonizar as necesidades dos distintos sectores que teñen incidencia no uso e desfrute da auga.
O segundo ciclo da planificación hidrolóxica, que comprende do 2015 ata o 2021, iniciase coa aprobación por Real Decreto do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa (PHGC), no que se inclúen, por unha parte: a caracterización das concas; as principais presións e impactos aos que está sometido o medio hídrico; o programa de medidas que se ten que desenvolver para conseguir os obxectivos medioambientais nas masas de auga, e na parte normativa, de obrigado cumprimento, relacionase cos usos da auga; xestión do dominio público hidráulico (DPH); usos permitidos en zonas inundables e recuperación de custes.
Polo tanto, o obxectivo deste curso é o de proporcionar coñecemento sobre o marco xeral, xurídico, económico, territorial e organizativo da planificación hidrolóxica, así como xerar e fortalecer a competencia para a planificación hidrolóxica dos recursos hídricos e fomentar a coordinación e colaboración interadministrativa, xa que a planificación hidrolóxica afecta a todas as administracións con competencias relacionadas coa xestión da auga.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Area: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AU|LO
Horas: 24
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 13/02/2016 - 08:00h
Data Fin matricula: 22/02/2016 - 14:00h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
05/04/2016
Fin
03/05/2016
Data exame
N/D
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212