O obxectivo do curso consiste en proporcionar unha formación sobre a tramitación dos procedementos contencioso-administrativos, orientada a perfeccionar os coñecementos, contribuír á carreira profesional, e mellorar a calidade de traballo nas oficinas dos xulgados e tribunais, con inclusión de aspectos prácticos, en particular da utilización das aplicacións informáticas para a tramitación destes expedientes.
A área de itinerarios formativos en materias procesuais contencioso-administrativas está integrada por dous cursos de 25 horas cada un: Un curso de carácter básico e outro avanzado.
Este segundo curso é de carácter avanzado e de 25 horas de duración.
T01 |