O curso aborda a lei reguladora do uso das tecnoloxías da información e comunicación na administración de xustiza. Os principais obxectivos desta norma son:
- Actualizar o contido do dereito fundamental a un proceso público sen dilacións indebidas, grazas a axilización que permite o uso das tecnoloxías nas comunicacións.
- Xeneralizar o uso das novas tecnoloxías para os profesionais da xustiza.
- Definir nunha norma con rango de lei o conxunto de requisitos mínimos de interconexión, interoperabilidade e seguridade necesarios para o desenvolvemento dos diferentes aplicativos empregados no mundo xudicial, a fin de garantir a seguridade na transmisión de datos.
T01 |