A necesidade de afondar na cooperación galaico-portuguesa require un mellor coñecemento entre os empregados públicos do marco normativo, os instrumentos orzamentarios e as iniciativas existentes. A coordinación administrativa para mellorar a prestación de servizos públicos aos cidadáns da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal é requisito indispensable para xestionar de xeito eficiente os recursos europeos e máis os recursos propios que cofinancian aos devanditos servizos. Iniciativas como a euro-cidade Verín-Chaves ou Tui-Valença abren novas vías de xestión conxunta que cómpre esrender.
T01 |