Conseguir un mellor coñecemento do procedemento correcto de instrucción de expedientes e levantamento de actas por infracción da Lei 6/1991, coa finalidade de acadar unha maior efectividade nas devanditas tarefas de inspección e represión das conductas tipificadas pola Lei de protección de recursos, evitando así a iniciación de expedientes que por defectos formais se frustren no seu cometido. Achegamento á lexislación aplicable, tanto autonómica como estatal básica, así como á xurisprudencia recaída neste tipo de expedientes, orientándose sobre as cuestións máis relevantes suscitadas na práctica diaria.
536002 |