Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
UN16047 - Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

A aprobación do Decreto 198/2010, de 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, supón un cambio organizativo substancial, xa que ordena o proceso de desenvolvemento dos servizos electrónicos e desenvolve, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o dereito da cidadanía a relacionarse coa Administración pública galega por medios electrónicos.
Dentro deste réxime, o capítulo II do Decreto 198/2010, que regula a sede e o rexistro electrónicos, crea a sede electrónica da Xunta de Galicia, instrumento que converte en realidade a posibilidade da cidadanía de relacionarse coa Administración xeral de Galicia coas garantías e dereitos esixidos pola Lei 11/2007, de 22 de xuño , de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
O rexistro electrónico permite realizar a presentación electrónica de escritos, solicitudes e comunicacións respecto a distintos trámites e procedementos. Para elo é fundamental coñecer tamén as implicacións do emprego dos documentos dixitais nas AAPP.
Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, no concepto de documento electrónico e dos servizos prestados en torno a el polas AAPP, con especial fincapé no rexistro electrónico. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas os conceptos a tratar, para que os destinatarios adquiran e perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos complementando a súa formación na materia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos EGAP - Universidades
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: UNIVERSITARIA
Horas: 15
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 29/06/2016 - 08:00h
Data Fin matricula: 08/07/2016 - 14:00h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
02/11/2016
Fin
16/11/2016
Data exame
N/D
Prazas
20
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212