Ofertar unha visión panorámica dos problemas fundamentais da economía pública para unha axeitada implementación das políticas comúns, preparando os empregados da Administración que as executan sobre o terreo para a súa mellor comprensión e adaptación á realidade galega. Consegui-la capacitación básica para analiza-lo diverso alcance económico dunha mesma disposición en diversos contornos sociais e institucionais. Divulgación das ferramentas elementais para a comprensión de textos e disposicións de contido económico que instrumentan as diferentes políticas públicas comunitarias de maior incidencia en Galicia.
586001 |