Os obxectivos fundamentais do curso son:
Analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e dirección por obxectivos: conceptos fundamentais e principios.
Motivar os participantes na reflexión estratéxica para facer fronte aos desafíos do sector público.
Afondar no coñecemento e manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas.
Coñecer algunhas experiencias de planificación estratéxica levadas a cabo na Administración pública.
Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
SANTIAGO |