Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV17027 - Os recursos administrativos na nova Lei 39/2015

Análise da normativa sobre a revisión de actos firmes e os recursos administrativos, ordinarios ou extraordinarios, que poden interpoñerse fronte a todo tipo de resolución administrativas.
A materia presenta especial interese científico e técnico para aqueles funcionarios que tramiten todo tipo de procedementos administrativos.
Todos os actos administrativos que finalizan un procedemento están suxeitos a posibilidade de revisión, xa sexa por medio de recursos administrativos ordinarios, ou xa sexa polas canles extraordinarias que as leis reguladoras dos procedementos poñen a disposición dos cidadáns, como trasunto do dereito á tutela xudicial efectiva (art. 24 CE), na súa modalidade de dereito a recorrer actos e resolucións que afecte desfavorablemente aos cidadáns.
O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio profesional da súa función na medida en que a materia presenta múltiples dimensións, na medida en que absolutamente todos os servizos públicos e polo tanto todas as actuacións, incluídas as puramente materiais ou de xestión están suxeitas a eventual recurso administrativo.
Por outra banda, a entrada en vigor da nova Lei 39/2015 é unha oportunidade para afianzar o coñecemento da normativa en aspectos tan esenciais e decisivo á hora de resolver un recurso tales como as causas e prazos de prescrición, a caducidade, a lexitimación, ou a función dos órganos consultivos.
Así mesmo, a resolución de recursos administrativo da lugar a unha intensa actividade xurisprudencial de interpretación e integración das leis que necesariamente teñen que coñecer aqueles funcionarios que ordinaria ou eventualmente participan na tramitación deste tipo de expedientes. Así mesmo, é unha materia de gran interese xurídico e doutrinal.
No curso farase pausada referencia ás novidades xurisprudenciais na materia, facendo especial fincapé na doutrina do Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional, do TSX de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos EGAP - Convenios
Area: Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO
Horas: 21
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 30/09/2017 - 08:00h
Data Fin matricula: 09/10/2017 - 14:00h
Responsable: OREIRO ROMAR, JOSÉ ÁNGEL - pepeoreiroarrobagmail.com
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
25/10/2017
Fin
09/11/2017
Data exame
09/11/2017 - 18:00h
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia