Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV25103 - Curso superior en protección de datos

O Curso superior en protección de datos pretende afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica, de xeito que poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:
• Concienciar o alumnado na relevancia e importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais desde unha perspectiva normativa e práctica, dotándoo de coñecementos e boas prácticas para dar cumprimento aos principios e obrigas establecidas pola normativa vixente, respectar os dereitos das persoas interesadas polo tratamento dos seus datos persoais e xestionar adecuadamente posibles incidencias que poidan xurdir nas distintas fases do devandito tratamento.
• Abordar os principios básicos de seguridade e as medidas que cómpre implantar nos sistemas de información desde a perspectiva do risco e en base ao disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e no Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
• Proporcionar ao alumnado unha visión global da protección de datos persoais, das funcións e responsabilidades correspondentes aos diferentes roles que interveñen no tratamento dos datos persoais e do papel que desenvolven as autoridades de control como a Axencia Española de Protección de Datos.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Horas: 118
Estado: Convocado
Administracion: AU|LO|UN|XU
Mod.imparticion: Presencial + Teleformación
Tipoloxia: Superior
Data inicio matricula: 09/09/2025 - 09:00h
Data fin matricula: 15/09/2025 - 23:59h
1 Edicións
MIXTO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
24/09/2025
Fin
16/12/2025
Data exame
16/12/2025 - 16:00h
Prazas
70
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212