- O obxectivo deste curso é proporcionar aos participantes unha visión das enfermidades emerxentes e reemergentes que están a afectar ou poden chegar a afectar á nosa cabana bovina.
Ante a problemática exposta pola aparición da Dermatosis Nodular Contaxiosa en España, vemos a necesidade de contribuír á formación dos nosos profesionais da veterinaria na devandita enfermidade con relatoras que estiveron en primeira liña ante ela. Ao mesmo tempo preocúpannos outras enfermidades xa presentes na nosa comunidade, lingua azul por exemplo, así como outras con risco de aparición debido aos movementos de gando e á proximidade doutros países onde está presente, caso da febre aftosa.
| LUGO |