A normativa que regula o etiquetado dos produtos alimenticios é  moi extensa e complexa, existindo  normativa  transversal que afecta a todos os alimentos e normativa específica que regula un tipo de alimentos como poden ser os produtos lácteos, cárnicos ou de panadería.
Nestes  últimos anos publicáronse varios regulamentos comunitarios que regulan aspectos  como  a indicación da orixe nos alimentos e entrou en vigor a obrigatoriedade da información nutricional. Tamén publicáronse normas nacionais como a Norma de calidade do pan,  a obrigatoriedade da indicación do orixe nos produtos lácteos e a modificación da Norma de calidade do mel que afectan o etiquetado destes produtos.
Un dos obxectivos deste curso  é coñecer as novidades normativas e  afondar na aplicación destas normas.
| SANTIAGO |