A estratexia é a ciencia que nos permite planificar hoxe para anticipar o que pode pasar mañá e liberarnos de boa parte da incertidume. Indícanos de que medios debemos dispoñer para garantir uns obxectivos necesarios e suficientes. Pero, por que é conveniente un comportamento estratéxico?
Seguramente moitas serían as razóns que poderiamos esgrimir. Vou compartir dez contigo. A estratexia é un elemento de reflexión que axuda á toma de decisións, permite a participación de todos e a súa concienciación con calquera proxecto común. É un instrumento que nos axuda a despregar obxectivos, promove a renovación permanente en base á competitividade, xustifica a toma de decisións #ante os ollos dos demais, permite unha xestión máis profesional e menos improvisada, axuda á dirección para desprenderse de presións externas e internas, axusta os recursos dispoñibles ás oportunidades alcanzables, conduce a maiores niveis de rendibilidade e detecta oportunidades que nos permiten espremer as nosas capacidades. Por todo iso, o comportamento estratéxico é fundamental para o correcto funcionamento dunha administración e para a mellora da súa produtividade individual e colectiva.
TELEPRESENZA |