Formar a profesionais comprometidos/as coa defensa, o recoñecemento e a protección dos dereitos das persoas con discapacidade desde un enfoque social, xurídico e de dereitos humanos. Preténdese contribuír á formación nos procesos vinculados á temática da discapacidade, garantindo o pleno respecto dos seus dereitos en todos os ámbitos: emprego, educación, xustiza, cultura, deporte, etc.
Concretamente, perséguense os seguintes obxectivos:
- Profundar na normativa vixente específica en materia de discapacidade.
- Dar a coñecer outra normativa de diferentes ámbitos (emprego, violencia, deporte, etc.) que contemplan aspectos que afectan directamente ás persoas con discapacidade.
- Contribuír á formación nos procesos vinculados á temática da discapacidade, garantindo o pleno respecto dos seus dereitos, nos termos que se recollen na normativa de aplicación ás persoas con discapacidade.
T01 |