Este curso ten como obxectivo xeral a exposición e posta en común das principais implicacións xurídicas que derivan do deseño, adquisición e implementación de sistemas de intelixencia artificial nas administracións públicas.
Entre os obxectivos específicos para a superación do curso deben mencionarse os seguintes:
- A comprensión xeral do funcionamento dos sistemas de intelixencia artificial e os posibles usos aplicables ao sector públicos.
- O dominio do marco xurídico que vai rexer a implementación de sistemas de intelixencia artificial no ámbito público.
- A comprensión dos problemas que pode ocasionar a opacidade dos sistemas de IA e a necesidade de configurar un axeitado nivel de transparencia.
- A adquisición dunhas nocións básicas a teR en conta con carácter previo á adquisición de sistemas de intelixencia artificial e durante a execución dos contratos.
TELEPRESENZA |