O conxunto de subvencións que compón a acción de fomento da Administración autonómica representa unha porcentaxe destacada do gasto público total da Xunta de Galicia, e tamén un marco de actuación xeral suxeito a unhas regras e procedementos determinados, contemplados na Lei de subvencións de Galicia e no Regulamento que a desenvolve.
A través desta actividade formativa preténdese aportar unha serie de aspectos de cara ao proceso de tramitación da elaboración dunha convocatoria pública, así como o desenvolvemento de todos os momentos posteriores.
Este curso ten por obxecto o estudo da figura do convenio como instrumento de colaboración e cooperación no ámbito das Administracións Públicas ao que estas poden recorrer en determinadas supostos para o exercicio das súas funcións. Logo da entrada en vigor da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas esta figura conta cun novo marco xeral regulador que resolve, en parte, a inseguridade xurídica existente na anterior norma.
Así mesmo, nos diferentes módulos que integran o programa trataranse de analizar, por unha banda, os requisitos formais de validez dos convenios e o seu contido mínimo, e por outra banda, os trámites que son preceptivos no procedemento para a subscrición de convenios, tendo en conta as especialidades neste procedemento no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se analizarán os diferentes requisitos de publicidade e transparencia que nesta materia esixe a normativa aplicable.
A acción convencional da Administración no sector público se basea nas potestades administrativas, na forma de actuar para levar a cabo os obxectivos, a súa actuación en aras dunha maior eficacia e eficiencia. Tradicionalmente se empregaban outros instrumentos xurídicos pero a figura do convenio de colaboración en distintas versións ou modalidades, que veremos ao longo deste curso, esta ocupando un espacio de figuar como o contrato administrativo ou a encomenda de xestión ou encargo.
Neste curso se pretenderá aportar unha visión dende un punto de vista practico do marco regulador do convenio de colaboración, como figura idonea para canalizar actuación de colaboración ou cooperación con outras administracións ou o sector privado, como tamén como medida destinada as axudas publicas.
Coñecer este marco xurídico permitira aos alumnos deste curso, que tamén sexan operadores administrativos, coñecer cando empregar correctamente o convenio de colaboración, diferenciando doutras figuras afines, clasificando a súa tipoloxía para evitar excesos innecesarios que subxacen no fondo dos negocios xurídicos.
No presente curso, abordaremos todo o anterior con carácter xeral e plural, desde un prisma eminentemente práctico, dentro dun ámbito xeral de actuación da Administración Pública.
MIXTO |