Proporcionar coñecementos básicos nos proxectos de obras en infraestruturas agrarias e vías de baixa circulación no ámbito rural galego.
Criterios técnicos no deseño de proxectos que se tramitan dende o Servizo de Infraestruturas Agrarias (Plan Marco, PIR, Proxecto de obras de reestruturación parcelaria) , documentos e requirimentos de cada tipoloxía , unidades de obra e tarifas de uso xeral neste tipo de proxectos.
Parámetros de deseño dos camiños, anchos, subbases, bases, capas de rodadura, caños, etc. Cálculos de firme, cálculos estructurais en muros de contención.
Conclusións prácticas no deseño dos camiños dos estudos xeolóxico e xeotécnico, cálculo dos movemento de terras, préstamos, xacementos, canteiras e vertedoiros. Estudo hidrolóxico e hidráulico.
Supervisión dos proxectos máis habituais, tipo de permisos que se requiren para a súa tramitación, esixencias técnicas, criterios na selección técnicas máis habituais no deseño de infraestruturas viarias. Fases na tramitación dos proxectos comúns en infraestruturas agrarias, tipos de licitación, publicación, etc. Cartografía, topografía e replanteo dos proxectos tramitados en infraestruturas agrarias. Tramitación ambiental das zonas de reestruración ambiental e dos proxectos de obra, trámites precisos da evaluación de impacto ambiental.
Profundizar nos criterios de uso, requirimentos técnicos, execución en obra e controles de calidade das unidades de obra de uso máis común nos proxectos de infraestrutura agraria ( excavacións en desmonte, terraplén, compactación, refino e planeo, caños, zahorras, macadam, regas asfáltica, aglomerados bituminosos, formigonados, muros de contención).
Dirección de obra de proxectos de infraestruras agrarias, documentos a tramitar ( actas, certificados, issprof) , competencias para as necesarias modificacións do proxecto, cobertura e responsabilidades.
Tramitación e seguimento nos proxectos con afeccións o patrimonio cultural .
Competencias e esixencias no control do seguimento de seguridade e saúde.
TELEPRESENZA |