Nos últimos anos, a globalización económica e a consecuente internacionalización das relacións comerciais teñen dotado dunha extraordinaria importancia e transcendencia á fiscalidade internacional. Doutra banda, dado que a globalicación foi acompañada de procesos de integración económica de carácter supranacional (UE, MERCOSUR, etc.), a incorporación de España á Unión Europeoa motivou que resulte necesario abordar tamén a incidencia que a política fiscal da Unión Europea e as esixencias do mercado interior europeo teñen no ordenamento xurídico español.
O presente curso monográfico pretende ofrecer ao alumnado unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria, que lle permita comprender e profundar no coñecemento dos seguintes aspectos:
• Os criterios ou puntos de conexión utilizados para o reparto das competencias fiscais entre os Estados.
• A determinación da residencia fiscal e os problemas que dela se derivan.
• Os tipos de réximes fiscais, en especial as denominada xurisdicións non cooperativas (paraísos fiscais), así como as medidas das que se dotan os países para evitar a evasión fiscal e a erosión de bases impoñibles.
• O fenómeno da sobreimposición internacional e os mecanismos arbitrados para combatela.
• A tributación dos non residentes.
• A natureza e as clases de tributos que gravan o comercio internacional e o comercio electrónico.
• O proceso de integración económica europea e as limitacións fiscais que se derivan para os estados membros das liberdades de circulación no mercado interior europeo.
MIXTO |