Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
IE22015 - Aplicación práctica da Lei de contratos. A integridade institucional e prevención da corrupción

O curso que se presenta, pretende, en primeiro termo, incidir nos aspectos prácticos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP) pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, facendo fincapé nas novidades máis significativas da LCSP nas distintas fases dun procedemento de licitación. O obxectivo do curso é dar a coñecer aos órganos xestores os problemas quese poden derivar na contratación pública, tanto no momento inicial de elaboración dos pregos de cláusulas administrativas.
Asemade, pretende focalizar a atención no papel primordial que outorga a LCSP na loita contra a corrupción e ao obxectivo da integridade nos procedementos de contratación pública, como o pon de manifesto o propio lexislador ao incluír por primeira vez de maneira expresa o principio de integridade no articulado e entender como un dos seus obxectivos principais o de lograr unha maior transparencia e integridade nas actuacións.
A actual normativa esixe unha transformación da contorna de compra pública que pasa necesariamente pola adopción dun rol activo na materia por parte das entidades adxudicadoras e as persoas participantes no proceso de contratación e aprender como xestionar os riscos das distintas fases dun procedemento de licitación ata á finalización mesma do contrato.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Economía Pública (Formación Contínua)
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AU|LO|UN
Horas: 40
Estado: Producción
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 03/11/2022 - 09:00h
Data Fin matricula: 08/11/2022 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
21/11/2022
Fin
15/12/2022
Data exame
19/12/2022 - 17:00h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212