O artigo 38 da Constitución Española recoñece a liberdade de empresa no marco dunha economía de mercado e a garantía e protección desta polos poderes públicos, de acordo coas esixencias da economía xeral e, no seu caso, da planificación. A existencia da economía de mercado disciplina a actuación das empresas e reasigna os recursos produtivos a favor dos operadores ou as técnicas máis eficientes. Esta eficiencia produtiva trasládase ao consumidor na forma de menores prezos ou dun aumento da cantidade ofrecida dos produtos, da súa variedade e calidade, co conseguinte incremento do benestar do conxunto da sociedade.
Neste contexto, existe un acordo xeneralizado con respecto á crecente importancia da defensa da competencia, que se consolidou como un dos elementos principais da política económica na actualidade. Dentro das políticas de oferta, a defensa da competencia complementa a outras actuacións de regulación da actividade económica e é un instrumento de primeira orde para promover a productividade dos factores e da competitividade xeral da economía.
Resulta preciso coñecer un sistema que, sin intervir de forma innecesaria na libre toma de decisións empresariais, permita contar cos instrumentos axeitados para garantir o bo funcionamento dos procesos de mercado.
T01 |