Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
IE25010 - Introdución ás políticas públicas: deseño, implementación e avaliación

O desenvolvemento dun país depende da calidade no deseño das súas políticas públicas e da avaliación do seu impacto sobre o benestar social e económico da súa poboación. Numerosos estudos demostran que aqueles países que lograron implementar políticas adecuadas, estables e previsibles lograron maiores taxas de crecemento, maior acumulación de riqueza e mellores niveis de distribución do ingreso.

Son as distintas Administracións Públicas nos seus respectivos ámbitos competenciais as encargadas de materializar o gasto público en políticas públicas. Estas deben de ser formuladas en aplicación dos principios dunha xestión eficiente, por iso é necesario que os empregados públicos implicados na súa elaboración conten co coñecemento técnico necesario.

O obxectivo fundamental do curso é capacitar os profesionais de distintas áreas no estudo das políticas públicas, os axentes e institucións involucrados no seu deseño e as ferramentas cuantitativas necesarias para a súa avaliación.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Economía Pública (Formación Contínua)
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Finalistas
Horas: 25
Estado: Convocado
Administracion: AU|LO|UN
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 18/03/2025 - 09:00h
Data fin matricula: 24/03/2025 - 14:00h
1 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
06/05/2025
Fin
30/05/2025
Data exame
03/06/2025 - 17:30h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212