IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• Se tes dúbidas sobre o nivel existe unha proba de nivel orientativa nos idiomas: en lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua portuguesa no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado.
• Se se detecta máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
• Conseguir expresarse con certa facilidade e eficacia sobre os temas tratados no curso, tanto xerais como específicos
• Expresar opinións sobre temas de interese propio e, tamén, relacionados coa cultura xeral, así como facer razoamentos
• Ser capaz de comprender as ideas principais de textos e audios complexos que traten de temas relacionados co cotián e con áreas máis abstractas
• Expresarse de forma espontánea en situacións reais e conversas da vida diaria
• Ser capaz de redactar textos cun discurso claro e preciso.
T01 |