NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3). Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado. En caso de detectarse máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación, acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
Os contidos do nivel 2 Elementary Plus de MyEnglish corresponden á segunda parte do nivel A1 do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, o alumno / a alumna aprende a dar e pedir indicacións, a describir persoas, a falar sobre rutinas, e a describir como chegar ao traballo.
O alumno / a alumna aprende, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en present simple (‘I work’) e en present continuous (‘I am working’), preposicións en inglés (in, on, at, etc.) a facer preguntas e expresar os seus gustos (like, love, hate, etc.). Tamén estuda vocabulario relacionado con horas, días, meses, lugares de traballo, actividades de lecer e deportes, a contorna laboral, e moitos máis contidos.
| NIVEL2 |