NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3). Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado. En caso de detectarse máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación, acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
Os contidos do nivel 3 Pre-Intermediate de MyEnglish corresponden á primeira parte do nivel A2 do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, o/a estudante aprende a falar de plans futuros, a facer ofrecimientos e pedir nun restaurante, a falar do pasado, e a describir acontecementos recentes.
O alumno/a alumna aprende, entre outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, expresarse en past simple (‘Hei repaired the scanner’), a utilizar going to, os sustantivos contables e incontables e o uso de would like e de some e any. Tamén estuda vocabulario relacionado con comidas e bebidas, profesións, meteorología, música, diñeiro, expresións con have, e moitos máis contidos.
| NIVEL3 |