NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3).
• A proba de nivel dos cursos da modalidade de telepresenza realizarase con anterioridade ao comezo da actividade, na aula virtual, co fin de que a persoa docente coñeza o seu nivel lingüístico, e poida formar un grupo homoxéneo e completar o proceso de selección.
• As persoas preseleccionadas recibirán un correo electrónico coas instruccións para a súa realización. De recibir esta notificación e non quere realizar á proba de nivel nin o curso solicítase que nos remita comunicación de que desiste da súa solicitude.
- Aprendizaxe de recursos lingüisticos en inglés que permitan atender adecuadamente de forma presencial aos cidadáns estranxeiros que vaian informarse ou realizar algunha xestión nun organismo público.
- Aprendizaxe de recursos lingüisticos en inglés que permitan redactar un correo electrónico ou escrito para dar resposta a consultas suscitadas por cidadáns estranxeiros nun organismo público.
- Aprendizaxe de recursos lingüísticos en inglés que permitan comunicarse adecuadamente por teléfono co fin de dar indicacións, organizar citas e xestionar queixas que susciten por esta canle os cidadáns estranxeiros.
| TELEPRESENZA1 |