Como principais obxectivos deste curso poden destacarse os seguintes:
- Dotar ao alumnado dos coñecementos, competencias e aptitudes necesarias para coeducar (educar en igualdade) así como afrontar o desenvolvemento de programas de formación en igualdade de xénero.
- Contextualizar a igualdade no marco socio-educativo destacando ferramentas e accións adoptadas no relativo á igualdade de xénero e oportunidades.
- Fomentar o emprego de ferramentas propias da educación emocional aplicadas á educación en igualdade e á prevención da violencia de xénero, alentando as competencias socio-emocionais como chave para o igual desenvolvemento de homes e mulleres.
SANTIAGO |