Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU20010 - Curso monográfico A innovación social no sector público

Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.
A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a innovación social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os que as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria do COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.
Por último, cómpre mencionar que o obxectivo principal do curso faise efectivo a través de tres sub-obxectivos complementarios:
- Introducir ao alumnado nos conceptos e procesos básicos da innovación social, con particular atención ao contexto do sector público.
- Profundar na comprensión dos citados conceptos mediante o seu uso polo alumnado para a análise de estudos de casos prácticos.
- Consolidar o aprendido e comprobar a súa relevancia a través da súa aplicación preliminar a un reto social concreto seleccionado por cada alumno/a, idealmente relacionado co seu traballo.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo EIP EGAP
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|XU
Horas: 15
Estado: Producción
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 19/05/2020 - 08:00h
Data Fin matricula: 25/05/2020 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
01/06/2020
Fin
23/06/2020
Data exame
N/D
Prazas
40
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia