Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da Innovación Social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por Innovación Social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.
A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a Innovación Social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os cales as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria do COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.
Por último, cómpre mencionar que o obxectivo principal do curso faise efectivo a través de tres sub-obxectivos complementarios:
- Introducir ao alumnado nos conceptos e procesos básicos da Innovación Social, con particular atención ao contexto do sector público.
- Profundar na comprensión dos citados conceptos mediante o seu uso por parte do alumnado para a análise de estudos de casos prácticos.
- Consolidar o aprendido e comprobar a súa relevancia a través da súa aplicación preliminar a un reto social concreto seleccionado por cada alumno/a, idealmente relacionado co seu traballo.
T01 |