Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU23010 - Curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia

De acordo coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as competencias exerceranas aqueles órganos que as teñan atribuídas como propias.

Con todo, esta mesma norma prevé, ao mesmo tempo, a posibilidade de acudir a técnicas de modulación competencial co fin de axilizar o funcionamento da Administración, incrementar a eficacia da súa actuación ou achegar a xestión pública á cidadanía. Estas figuras, que permiten flexibilizar este principio de irrenunciabilidade da competencia, son: a desconcentración, a delegación interorgánica, a avocación, a encomenda de xestión, a delegación de firma e a suplencia.

Poden, así, destacarse como obxectivos xerais do curso os seguintes:
• Estudo dos elementos que integran a competencia administrativa.
• Análise das distintas figuras de modulación competencial e o seu réxime xurídico.
• Exame dos vicios que poden afectar o acto, derivados dun defecto competencial, e as súas consecuencias.

Como obxectivo específico estudaranse situacións concretas que pode xerar a actividade administrativa cotiá e que poden facer conveniente o uso destas técnicas, en especial, a delegación e a suplencia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|UN
Horas: 12
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 13/04/2023 - 09:00h
Data Fin matricula: 20/04/2023 - 23:59h
Responsable: Simón Cuesta, Beatriz - beatriz.simon.cuestaarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
26/04/2023
Fin
27/04/2023
Data exame
N/D
Prazas
70
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212