O obxectivo xeral desta actividade é que o alumnado experimente, desde unha posición distinta á súa habitual, como as decisións adoptadas na preparación dun contrato determinan a súa execución, e que identifique o rastro documental que debe existir no expediente para soster cada unha desas decisións.
Obxectivos específicos:
1. Xustificar a necesidade e calcular correctamente o valor estimado e o orzamento base de licitación nun servizo intensivo en man de obra.
2. Distinguir que corresponde ao prego técnico e que ao prego administrativo, e detectar as contradicións habituais entre ambos.
3. Deseñar criterios de adxudicación vinculados ao obxecto, medibles e non discriminatorios, e valorar o peso relativo do prezo.
4. Manexar a subrogación e a información laboral asociada, e os seus efectos sobre o custo e sobre a licitación.
5. Identificar e tramitar unha oferta anormalmente baixa.
6. Recoñecer os motivos reais de estimación dun recurso especial en materia de contratación.
7. Documentar o incumprimento en execución e aplicar o réxime de penalidades cando o prego o permite, así como identificar alternativas cando non o permite.
8. Delimitar cando un contrato pode modificarse sen nova licitación e cando a modificación é substancial.
9. Afrontar a prestación executada sen cobertura contractual previa: reparo, validación, enriquecemento inxusto e responsabilidades derivadas.
10. Anticipar o control posterior —interno, externo e, de ser o caso, penal— desde o momento en que se redacta o expediente.
| SANTIAGO |