As leis 39/2015 e 40/2015 introducen novidades relevantes na regulación do procedemento administrativo común das administracións públicas e do réxime xurídico do sector público, que inciden na organización e o funcionamento da Administración, o réxime xurídico dos convenios, a responsabilidade patrimonial das administracións públicas, os recursos administrativos, a tramitación electrónica dos procedementos e os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración.
O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común dende unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á aplicación dos mesmos a través da resolución de supostos prácticos.
SANTIAGO |