O II Curso superior de inspección ambiental aborda, dende unha perspectiva práctica, as modificacións normativas que tiveron lugar desde a realización do I Curso no ano 2014, no ámbito da inspección ambiental así como no do traslado de residuos transfronteirizos.
Poden destacarse, así, como principais obxectivos do curso os seguintes:
- Actualizar coñecementos en relación coa normativa e os procedementos de inspección ambiental, de maneira específica nas actividades de prevención e control integrado da contaminación (IPPC) no campo industrial e no traslado de residuos transfronteirizos.
- Dotar dos coñecementos e das habilidades necesarias ao persoal que realiza funcións de inspección ambiental e outro persoal técnico no campo do medio ambiente industrial para exercer as súas funcións adaptándose ás novas exixencias e cambios dos últimos anos.
SANTIAGO |