A contratación pública desempeña un papel clave na Estratexia Europa 2020, como un dos instrumentos baseados no mercado que deben utilizarse para conseguir un crecemento intelixente, sustentable e integrador, garantindo ao mesmo tempo un uso máis eficiente dos fondos públicos.
A investigación e a innovación, incluídas a innovación ecolóxica e a innovación social, atópanse entre os principais motores de crecemento futuro e ocupan un lugar central da Estratexia Europa 2020. Os poderes públicos deben facer a mellor utilización estratéxica posible da contratación pública para fomentar a innovación.
Con este curso preténdese implementar un programa de formación teórico-práctico que permita ao persoal que participa activamente nos procesos de contratación pública obter o coñecemento e as ferramentas necesarias para levar á práctica con éxito os procesos de compra pública innovadora (CPI) nos seus respectivos departamentos. Ao mesmo tempo, preténdese sensibilizar ás persoas situadas nos ámbitos de decisión relacionados coa contratación pública das potencialidades que representa a compra pública innovadora como mecanismo de contratación eficiente e intelixente, así como promover o uso estratéxico da CPI como ferramenta que permita transformar os departamentos públicos en verdadeiras organizacións públicas innovadoras orientadas aos/ás usuarios/as e con capacidade de anticipación ao mercado.
SANTIAGO |