O curso superior en ciberseguridade impártese cos seguintes obxectivos:
• Concienciar o alumnado da relevancia e importancia da ciberseguridade desde unha perspectiva xurídica e técnica práctica, dotándoo de boas prácticas para previr e detectar contratempos na utilización de sistemas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
• Tratar os aspectos relacionados coas políticas de seguridade na utilización de medios electrónicos, recollidos no Esquema nacional de seguridade (ENS).
• Proporcionar ao alumnado unha visión global da seguridade dos sistemas de información, das súas vulnerabilidades, das ameazas a que está sometido e dos riscos que comporta o seu uso.
TELEPRESENZA |