Nos últimos anos puxéronse en marcha unha serie de iniciativas a nivel europeo, nacional e autonómico para impulsar o desenvolvemento da Administración electrónica. Con elas preténdese aproveitar as innovacións que as tecnoloxías dixitais, na súa constante evolución, poden achegar para construír un modelo de Administración máis transparente, sinxelo, eficaz e inclusivo, facilitando a interacción coa cidadanía, empresas e outras administracións.
Neste sentido, a formación do persoal empregado público en Administración electrónica é esencial, pois permite a mellora das súas competencias dixitais e a asunción de novos procedementos de traballo, o que contribúe, en grande medida, a conseguir unha Administración máis eficaz, eficiente, próxima, transparente e accesible.
O Curso superior de Administración electrónica pretende afondar nos aspectos máis importantes da Administración electrónica desde unha tripla perspectiva, xurídica, técnica e práctica. Deste xeito, poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:
• Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración
electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade
• Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos de informática e do réxime xurídico da administración dixital.
MIXTO |