Curso convocado pola EGAP en colaboración coa Secretaría Xeral para a Protección Civil e Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Mellorar o grao de especialización do alumnado ao que se dirixe esta actividade, dotándoo dunha seria de coñecementos sobre o dereito ambiental que contribúan a perfeccionar a súa capacitación profesional neste campo.
Proporcionar ao alumnado unha completa formación teórico-práctica de dereito ambiental en todos os niveis normativos que o configuran (internacional, comunitario, estatal e autonómico), así como a través de diversas técnicas xurídicas de protección. Ademais, ofrécese un completo tratamento dos múltiples sectores sobre os que incide o dereito ambiental.
SANTIAGO |