A integración da dimensión ambiental na formación de técnicos, funcionarios e directivos ao servizo da Administración autonómica e local galega, que desenvolvan a súa actividade na área de medio, coa finalidade de proporcionarlles unha formación teórico-práctica e adecuala ás esixencias que demanda a sociedade actual, en prol de mellorar a xestión ambiental e poder contribuír á protección e conservación ambiental da nosa comunidade cara á sostibilidade futura de Galicia. Trátase de formar expertos cunha visión global e integradora da problemática ambiental nos múltiples sectores, dende a óptica de calquera das administracións públicas, en políticas ambientais, sen esquecer os aspectos que poidan ser de importancia para os profesionais liberais, directivos ou xestores ambientais de empresa, ben do sector público ou do privado.
SANTIAGO |