O Curso superior de implantación da ciberseguridade nas AAPP: ciberseguridade nos tempos da IA e a nube impártese cos seguintes obxectivos:
• Concienciar ao alumnado na relevancia e importancia da ciberseguridade dende unha perspectiva normativa, técnica e práctica, reforzando os seus coñecementos para afrontar a xestión da ciberseguridade nas AAPP.
• Dotar ao alumnado de coñecementos sobre as últimas tendencias de ciberseguridade, en particular no ámbito da ciberseguridade da nube, da ciberseguridade e a intelixencia artificial, da ameaza cuántica e da ciberseguridade industrial, entre outros.
• Reforzar os coñecementos sobre o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e das súas auditorías de cumprimento.
| MIXTA |