Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09008 - Curso Modular completo de alta dirección pública 2009
Imaxe Curso/Xornada

A aprobación e entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público (Lei 7/2007), así como o desenvolvemento normativo autonómico que establece unha nova regulación do marco sociolaboral para os empregados públicos, a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e o Decreto lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aconsellan para todo o persoal directivo e predirectivo a participación nun modelo de formación continua, que dea sentido aos principios da life long learning da sociedade do coñecemento, e con el a adquisición de novos conceptos, enfoques e competencias sobre a xerencia das organizacións públicas.

Con tal motivo, a EGAP organiza un curso modular de alta dirección pública, de xeito paralelo coa súa programación relacionada coa dirección e xerencia pública, establecida no seu Plan de formación 2009.

O curso constará de oito módulos que terán un formato docente na aula, os cáles serán ditados por expertos, entre outros, no eido das ciencias da administración, a organización de empresas, o dereito, cunha ampla experiencia no asesoramento das organizacións públicas estatal e autonómicas, e cunha traxectoria profesional de grande relevancia na xestión pública.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
PU09008
Localidade
Santiago, A Coruña e Pontevedra
Inicio
18/03/2009
Fin
25/11/2009
Prazas
41
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212